  | 
  | 
  Réxime Electoral
 
  
REAL DECRETO 2.224/1986 DO 20 DE OUTUBRO, POLO 
QUE SE MODIFICAN AS CARACTERÍSTICAS OFICIAIS DOS ELEMENTOS MATERIAIS QUE SE VAIAN UTILIZAR NOS
PROCESOS ELECTORAIS 
(B.O.E. do 24/10/1986, nº 258) 
 
 
Artigo 1 
 
Engádeselle ó artigo 4 do Real Decreto 1732/1985, o seguinte
parágrafo 4: 
 
"Naquelas Comunidades Autónomas que teñan estatutariamente recoñecida a
cooficialidade dunha lingua distinta do castelán,
as papeletas para todo tipo de eleccións confeccionaranse con carácter bilingüe,
coas características e condicións de impresión
sinaladas no anexo 12 do presente Real Decreto". 
 
Artigo 2 
 
Engádeselle ó artigo 5 do Real Decreto 1732/1985, o seguinte
parágrafo 2: 
 
"Naquelas Comunidades Autónomas que teñan estaturaiamente
recoñecida a cooficialidade dunha lingua distinta do castelán,
os sobres destinados á votación ó Congreso dos Deputados,
Senado, Concelleiros, Alacaldes e Acaldes-Pedáneos, regulamentados
no anexo 4 cos números ECG 4.1., 4.2. e EL 4.1., confeccionaranse
con carácter bilingüe, coas características e condicións
de impresión sinaladas no anexo 12 do presente Real Decreto". 
 
Artigo 3 
 
Engádenselle ós anexos do Real Decreto 1732/1985, o seguinte
anexo 12: 
 
"Papeletas e sobres para seren utilizados nas Eleccións a Cortes
Xerais e Locais naquelas Comunidades Autónomas que teñan recoñecida
a cooficialidade dunha lingua distinta do castelán". |