Lexislación:
Administración de Xustiza


 

Real Decreto 2003/1986, do 19 de setembro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de Xustiza

(B.O.E. nº 234, do 30/09/1986. Correción de erros B.O.E. nº 245 do 13/10/1986)


Artigo 51. Provisión de vacantes

5. Os destinos e os postos de traballo adxudicaránselles ós solicitantes de maior antigüidade de servicios efectivos no Corpo de que se trate. En caso de non solicitarse posto de traballo concreto, adxudicarase o non solicitado polos demais concursantes de maior antigüidade. As prazas que resulten desertas se cubrirán con quen ingresen no Corpo segundo a orde establecida nas probas de selección ou polos reingresados ó servicio activo na forma establecida neste Regulamento (art. 494.2. LOPX).

5. Malia o disposto no apartado anterior, nos concursos para a provisión de prazas no territorio daquelas Comunidades Autónomas que teñan unha lingua oficial propia, o coñecemento oral e escrito desta debidamente acreditado por medio de certificación oficial, supoñerá o recoñecemento, só para estes efectos, de seis anos de antigüidade por riba dos que xa tivera o funcionario (art. 471 LOPX).