Lexislación:
Administración de Xustiza


 

Lei 17/1977 do 4 de xaneiro que modifica o artigo 54 da Lei regulamentadora do rexistro civil

(B.O.E. do 8 de xaneiro, nº 7)


O artigo 54 da Lei do Rexistro Civil estableceu a necesidade de que os nomes propios dos españois se consignasen en castelán. Esta regra pugna co fondo sentir dos naturais das distintas rexións españolas que se ven privadas da posibilidade de que os nomes propios na súa Lingua vernácula sirvan, dentro e fóra da familia, como signo oficial de identificación da persoa.

A presente Lei ten a finalidade de corrixir esta situación, atendendo, dunha banda ó feito certo de que a liberdade na imposición de nomes non debe ter, en principio, outros límites que os esixidos polo respecto á dignidade da propia persoa e procurando, doutra banda amparar e fomenta-lo uso das diversas Linguas españolas, xa que todas elas forman parte do fondo autóctono popular da nosa Nación.

Na súa virtude e de conformidade coa Lei aprobada polas Cortes Españolas sanciono:

Artigo 1

O parágrafo 1º do artigo 54 da vixente Lei do Rexistro Civil, do 8 de xuño de 1957, quedará redactado do seguinte xeito:
Na inscrición expresarase o nome que se lle dea ó nacido. Tratándose de españois, os nomes deberanse consignar nalgunha das linguas españolas."

Artigo 2º

A pedimento do interesado ou do seu representante legal, o encargado do Rexistro substituirá o nome propio, imposto con anterioridade á vixencia da presente Lei, polo seu equivalente onomástico en calquera das linguas españolas. A substitución será gratuíta para os interesados.