No Estatuto aprobado no 36 a lingua galega adquire por vez primeira o recoñecemento de "idioma oficial de Galicia", mais non chegou a ter aplicación práctica por mor do estoupido da Guerra Civil.

A chama da cultura, do idioma e da identidade de Galicia mantívose viva no exilio, mentres no noso país se producían tímidos intentos de recuperación (colección Benito Soto de poesía, suplemento semanal bilingüe do xornal La Noche), ata que no 50 se constitúe a Editorial Galaxia.


Para saberes máis
  

Cartel a favor do
Estatuto do 36 de
Camilo Díaz Baliño.