Do 36 ó 50


O remate da Guerra Civil e o inicio do franquismo provocou a desaparición da lingua galega da escena pública, do ensino e das actividades socio-económicas. Aqueles que tiveron como única vía o exilio -Castelao, E. Blanco Amor, Luís Seoane, Rafael Dieste...- foron quen de manter viva a chama da cultura, do idioma e da identidade de Galicia. O desenvolvemento cultural galego ten agora o seu escenario en Arxentina, Venezuela, México e Cuba, entre outros países.

A situación social do galego viuse agravada coa obrigatoriedade da escolarización no nivel básico e, posteriormente, coa popularización dos medios de comunicación, que tiñan o castelán como único vehículo de expresión.

O contexto adverso non logrou apaga-lo espírito do galeguismo, que, timidamente, comeza a se manifestar no ámbito cultural. En 1946-47 publícanse catro obras de poesía. Pasos decisivos foron a colección de poesía Benito Soto, a editorial Bibliófilos Galegos e o suplemento semanal bilingüe do xornal santiagués La Noche.




Reunión do Consello da
Editorial Galaxia.
  

A peza clave na que se asenta esta recuperación dos usos escritos é a creación da Editorial Galaxia en 1950. Os seus principais promotores, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, F. Fernández del Riego e outros, evidenciaron de novo a validez do idioma galego para calquera xénero ou temática. Galaxia convértese no eixe de diversas publicacións periódicas: Revista de Economía de Galicia, a revista de cultura e arte Atlántida, e a de pensamento Grial -prohibida ó ano seguinte do seu nacemento-.


Volver