Biblioteca:
Propostas de normalización lingüística na administración local

A Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística


 

Capítulo Undécimo: do cumprimento e seguimento da ordenanza


Artigo XXX
30.1. Para garanti-lo cumprimento desta ordenanza, crearase unha Comisión Interdepartamental de seguimento integrada cando menos polo alcalde, o secretario xeral, o xefe de persoal, a persoa responsable do Servicio de normalización lingüística, os rexedores que se determinen, un representante do comité de empresa e un outro da xunta de persoal.
30.2. Esta Comisión de seguimento reunirase polo menos dúas veces ó ano, para analiza-lo cumprimento e desenvolvemento desta ordenanza, e extraordinariamente cando a convoque o alcalde por iniciativa propia ou a petición dalgún dos seus membros.
30.3. A actualización, ampliación ou revisión da ordenanza tamén depende desta Comisión, a cal fará o estudio e a proposta correspondente ó Pleno do Concello, para que, se procede, se aprobe a modificación.


Artigo XXXI
Tamén é competencia da Comisión de seguimento promover, chegado o caso, os expedientes sancionadores oportunos polo incumprimento da ordenanza.


  Capítulo Décimo    |    Capítulo Duodécimo